jueves, 9 de abril de 2015

FITAVALE 2015. LECTURAS DRAMATIZADAS




Dentro do Fitavale que vai comezar  próximamente, haberá unha actividade de lecturas dramatizadas, organizadas por Comedias do Minho e coordinada pola Revista Galega de Teatro. Terá lugar no Cine Teatro Joao Verde de MonÇao durante o sábado 17 e a mañá do domingo 18 de Abril.

Os actores e actrices galegos participarán nas lecturas en portugués e castelán, xunto con compañeiros/as castelán-leoneses e portugueses, dirixidos por Luis Filipe Silva (Portugal) e Tatyana Galán (Castela-León). Doro Piñeiro dirixirá a lectura do texto en galego por parte de actores portugueses e casteláns.

Os textos elixidos son: "La paz perpetua" de Juan Mayorga, "O paseo dos mortos"de Ilídio Castro e "Expostas" de Teté García, Marta Pérez, Rosa Puga e  Vanesa Sotelo.

CARTEL OFICIAL CIRCUITOS FEGATEA 2015