domingo, 18 de octubre de 2015

CONVOCATORIA XIV MAGÁN

              XIV FESTIVAL AGUSTÍN MAGÁN 2015

BASES

Primeira:
A Federación Galega de Teatro Afeccionado promove este festival coa intención de amosar diversas propostas escénicas dos grupos de teatro afeccionado galegos na actualidade.
Segunda:
Poderán participar neste festival todos os grupos de teatro afeccionado integrados na FEGATEA que estean ao corrente no pago da súa cota e da CFT (Contribución Fondo Teatral).
Terceira:
- Cada grupo só poderá presentar unha obra ó proceso de selección.
- Non se poderán presentar obras que foran representadas en edicións anteriores.
- As obras serán en galego.
- Só poderán participar obras debidamente identificadas como teatro afeccionado.
- Os gastos por dereitos de autor serán costeados polos propios grupos.
Cuarta:
O festival terá lugar en Santiago de Compostela os días 5,6,7 e 8 do mes de decembro.
Os grupos que se presenten comprométense a actuar en calquera das datas previstas.
Quinta:
O prazo de solicitude rematará o 26 de outubro do 2015.
Sexta:
A inscrición será subscrita por quen ostente a representación legal do grupo de teatro e deberá achegar os seguintes datos e material referente ao espectáculo:
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- 3 fotografías da obra en formato dixital (JPG/GIF), de óptima calidade e debidamente identificadas co nome do grupo e o título da obra.
- Enlace a unha plataforma web (YouTube, Vimeo, Dropbox...) onde poda verse a gravación completa da obra.