Agustín Magán

O Festival Agustín Magán nace no ano 2001 co propósito de “premiar” as mellores montaxes teatrais dos grupos federados.
As obras que participan cada ano, en total 6, son seleccionadas por un xurado e representan as propostas máis interesantes dos grupos federados das catro provincias galegas. O “premio” non se traduce nunha recompensa económica, senón na posibilidade de actuar na capital de Galicia e nun dos seus espazos de referencia, o Salón Teatro ou o Teatro Principal.
Deste xeito, o festival actúa de estímulo á creación, á innovación e á mellora da calidade do teatro amador galego.
O Festival conta co apoio da AGADIC e do Concello de Santiago.

escolma de cartelería 
(deseño de José León)